O xoves foi o meu primeiro día de traballo, xa que o martes deixáronme recuperar da viaxe e o mércores era o Día de Defuntos, festivo nacional.
A chegada ao Telpochcallí resulta impactante, xa que o edificio destaca coa súa estrutura, o seu nome e dúas serpes voadoras que simbolizan o coñecemento e que se confontran porque tal coñecemento pode ser usado tanto para o ben como para o mal. Esta será a primeira das historias que agocha o edificio.
Cunha visita guiada vou coñecendo as instalacións e aos traballadores do Telpochcallí, que é un Centro de Educación Alternativa Rural, é dicir, un centro educativo eminentemente práctico, dirixido e adaptado ás necesidades da poboación local, polo que cobran especial importancia as tarefas agropecuarias, con diversidade de cultivos (iuca, papaia, tomate, pemento, frixoles,...), gando porcino e avícola e acuicultura.
Ademais de Centro Educativo é un Centro Tecnolóxico, onde se experimenta con variedades, técnicas de cultivo, acumulación de auga,...para despois facer a transferencia ás comunidades locais, que a pesar de vivir en gran medida da agricultura, non coñecen cales son os mellores cultivos e técnicas para sacar rendemento as súas terras.O segundo elemento característico do edificio do Telpochcallí son as súas columnas. As dúas centrais mostran unha representación da planta do teocintle (antecesor do millo) e as 9 restantes están divididas en gravados na pedra que van explicando a historia dos indíxenas chorotegas desde a súa chegada de territorio mexicano ata a actualidade. Un edificio que conta historias, paréceme unha gran idea e ademais capacitaron a varios traballadores para guiar e contar esta historia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario