A nivel persoal, o mes de novembro foi unha especie de “volta á orixe”. En Nicaragua descubrín unha realidade moi similar ao que podía ser a Galicia rural fai 3 ou 4 décadas e da que eu, grazas aos meus avós, aínda lembro.
Falo da agricultura de subsistencia, das pequenas casas onde vivían grandes familias, de non ter auga corrente e ter que quentar a auga na cociña, non ter baño nas casas e ter que saír a unha letrina externa, transportar as cousas con xugadas de bois ou en burro, as mulleres levando na cabeza un cesto de roupa para lavar no río, os nenos xogando na rúa con calquera cousa como pelota e porterías,... e con todo isto non son menos felices.
Está ben recordar os pequenos luxos cotiás dos que hoxe xa non nos damos conta e que cousas que hoxe nos resultan indispensables realmente non o son.
Viaxar, coñecer outra cultura, xente doutros países, poder aportar algo a persoas que o necesitan, abrir a mente a outras realidades, aprender e ensinar, por estas e moitas outras razóns difíciles de explicar pero que se viven e se gravan, Vacacións con Traballo é unha oportunidade única.
Graciñas a tod@s os que me seguistes, queda pechado este blog!!