Hoxe toca película!! É unha recomendación que nos fixeron aos participantes de Vacacións con Traballo desde o Fondo Galego de Cooperación. "Binta y la gran idea" é unha curta de Javier Fesser que forma parte da película de UNICEF "En el mundo a cada rato".
Estivo nominada en 2007 para o Óscar a mellor curtametraxe, e a pesar diso e de ser dun director recoñecido, para min era completamente descoñecida. Recoméndovos que a vexades, xa que vos sorprenderá e fará que reflexionedes.
jueves, 20 de octubre de 2011
Binta y la gran idea
Etiquetas:
Binta,
cooperación,
Javier Fesser,
reflexión,
UNICEF
lunes, 17 de octubre de 2011
Os blogs dos meus compañeir@s de experiencia
Este ano somos catro os afortunados participantes no programa Vacacións con Traballo, dous deles, María José Pérez González e Joaquín Lede, xa están a cooperar en Cabo Verde. Podedes botarlle un ollo aos seus blogs para coñecer un pouco máis dese país e de como se desenvolve o programa. A min quédanme dúas semanas, agardo impaciente a que chegue o 31!!
Blog de María José (Paúl, Cabo Verde):
Blog de Joaquín (Porto Novo, Cabo Verde): http://vacacionscontraballo2011.wordpress.com/
Imaxe de María José do Val da Ribeira de Paúl. A min lémbrame a outra Ribeira... |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)